Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 7 de outubro

11.00 h.
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura o XVII Congreso Confederal e Internacional da Unión Democrática de Pensionistas e Xubilados de España.

11.00 h.
Galicreques 2008
No Teatro Principal, Golemanual de Sixfingers Theatre dentro do Festival Internacional de Títeres Galicreques 2008.

12.00 h.
Na sede da FEGAMP (Área Central), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á Comisión Executiva ordinaria da devandita entidade.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Facenda e Orzamentos, Andrés Fariña, para presentar o proxecto de modificación das ordenanzas fiscais.

12.30 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.30 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción aos concelleiros de Deportes da provincia de Barcelona.

18.30 h.
No Parlamento de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao Debate do Estado da Autonomía.

Compartir: