Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 4 de outubro

12.00 h. (Ata as 13.15 h.)
Na Praza Roxa, xogos populares para todas as idades organizados polo CSC do Ensanche.

13.00 h.
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á clausura do XI Foro España-Xapón.

14.15 h.
Na Casa do Concello, recepción aos participantes no XI Foro España-Xapón ofrecida conxuntamente polo alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o embaixador de Xapón en España, Motohide Yoshikawa. Á recepción asistirán tamén o ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación, Miguel Ángel Moratinos, e o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño. O ministro e o embaixador asinarán no Libro de Ouro da cidade.

18.00 h.
Letras Vivas
No Local Sociocultural de Figueiras, Contos chegados doutro lugar de Mario Tomás, dentro do programa Letras Vivas Animación.

21.00 h.
No Teatro Principal, estrea de Anxeliños, de Roberto Vidal Bolaño, posta en escena por Espello Cóncavo. Dirixida por Arturo López forma parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios]

Compartir: