Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 29 de outubro

11.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á doutora Frances Elizabeth Allen (premio Turing 2006 e ponente no programa ConCiencia), que asinará no Libro de Ouro da cidade.

11.00 h.
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico da Real Filharmonía de Galicia: Rossini, A Cincenta
11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Ángel Espadas, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
No Museo do Pobo Galego, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde e do vicepresidente do Padroado do Museo, Fernando Acuña, para presentar a III Mostra de Cine Etnográfico que se celebra no Museo do 31 de outubro ao 6 de novembro patrocinada pola Concellaría. Na rolda estará tamén a coordinadora da Mostra, Ana Estévez.

20.00 h.
Na Galería Sargadelos, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta o libro En torno a lo Jacobeo. Na rolda tamén estará José María Díaz Fernández, autor do libro e deán-presidente do Cabildo da Catedral de Santiago; e Amancio Liñares, editor de tresCtres.

Amal 2008
19.30h. No Teatro Principal, proxección do documental Tiro libre.
22.00h. No Teatro Principal, proxección da longametraxe La maison jaune.
00.30h. No Teatro Principal, proxección de El valle de Elah dentro da Sesión Golfa.

Compartir: