Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 22 de outubro

10.30 h.
No Auditorio de Galicia, a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos; o subdirector xeral de Ordenación de Turismo da Xunta de Galicia, Xavier Valiño; e a directora do programa Vías Verdes da Fundación dos Ferrocarrís Españois, Carmen Aycart, inauguran o Foro de Iniciativas e experiencias de Vías Verdes que se celebrará durante toda a xornada.

11.00 h.
No Auditorio de Galicia, a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, participa na primeira sesión do Foro de Iniciativas e experiencias de Vías Verdes, que leva por título "Colaboración Institucional para o desenvolvemento de Vías Verdes".

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Javier Sánchez-Agustino, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, para presentar o programa de prevención de drogodependencias "Cinensino".

20.00 h.
No Centro Sociocultural do Ensanche (frei Rosendo Salvado 14-16), o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta o libro "La marquesa de Camba", de Antonio Neira de Mosquera. Na rolda tamén estarán o autor da edición, Xosé Ramón Fandiño; e o editor, Henrique Alvarellos.

Compartir: