Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 16 de outubro

11.00 h.
No Paseo Central da Alameda, a concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e o director xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura, Luis Bará, inauguran a exposición Encontros Diverxentes. No acto tamén estarán presentes a presidenta da Fundación Igualarte, Cristina Lago; a comisaria da exposición, Yolanda Honrrubia, e algúns dos artistas que amosan a súa obra nesta mostra.

19.00 h.
Cinemas Dixitais
No CSC José Saramago de Vite, proxección de Lobos sucios e Bandoleiros e Guerrilleiros dentro do programa Cinemas Dixitais.

20.15 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao grupo de traballo socialista de Agricultura da Unión Europea.

21.00 h.
Programa de Abono
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia.
Feira Galegas das Artes Escénicas
10.00h. Na Sala Circular do Auditorio de Galicia, Encontros COFAE-distribuidores.
10.30h. Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, ¿Por que lloras, Marie? de Marie de Jongh. 20.00h. No Teatro Principal, Dáme veleno de Sarabela Teatro. <90\'>

Compartir: