Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 14 de xuño

10.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Emuvissa.

11.10 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Reforma Administrativa, Marta Álvarez-Santullano, para presentar a nova páxina web municipal.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, para presentar as actividades da Escola de Verán 2007 e da Escola Municipal de Inglés.

11.45 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Centros Socioculturais, Guadalupe Rodríguez, para presentar a IV Semana Cultural da Trisca.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Muller, Adelaida Negreira, para presentar unha campaña en prol da igualdade.

12.30 h.
Na sede do Consorcio, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, e da secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Leire Pajín, sobre os acordos de colaboración entre o Consorcio de Santiago e a Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI), e para presentar o "Premio Compostela". Tamén estarán a directora xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, Fabiola Sotelo, e o xerente do Consorcio, Xosé Manuel Villanueva.
Ao remate da rolda terá lugar unha visita ao Obradoiro de Proxectos de Rehabilitación levados a cabo polo Consorcio e un percorrido pola exposición SantiagodC.

19.30 h.
Na Rúa do Vilar, concerto da Banda Municipal de Música. Programa:
Calpe ------------------------------ Pasodobre --------------- F. Penella
Poeta y Aldeano--------- ------Obertura---------------- F. von Suppé

La Rosa del Azafrán -----------Selección ---------------- J. Guerrero
Cromos --------------------------- Suite galega ------------- A. Amigo
I.- Preludio (alborada)
II.- Habanera
III.- Balada
IV.- Pandeirada
De Andalucia a Aragón ---------- Pasodobre -------------- J. Texidor

21.00 h.
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao último concerto da temporada 2006/2007 da Real Filharmonía de Galicia. O seu director titular, Ros Marbà, dirixe ao violinista Peter Zimmermann.

21.00 h.
No Teatro Principal, os Monicreques de Kukas representan "Sen título 4x8x6. Técnica mista sobre escenario".

Compartir: