Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 12 de xuño

11.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o reitor da USC, Senén Barro, asinan un convenio de colaboración sobre a convocatoria, tramitación e concesión do premio Xohana Torres.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e da concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, para presentar "Sen título 4x8x6. Técnica mista sobre escenario", dos Monicreques de Kukas. Na rolda estarán tamén Marcelino de Santiago e Isabel Rey, de Monicreques de Kukas.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, para presentar o "book" dos grupos usuarios dos locais de ensaio municipais.

21.00 h.
No Auditorio de Galicia, concerto-presentación da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Javier Viceiro Filgueira, director.

Compartir: