Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 27 de novembro

11.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á alcaldesa de San Salvador, Elvia Violeta Menjívar, que asinará no Libro de Ouro da cidade.

12.10 h.
No edificio do antigo Banco de España, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de entrega do premio "Santiago de Compostela de Cooperación Urbana" á alcaldesa de San Salvador.

20.00 h.
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta o libro-catálogo da exposición "Galicia no Gravado Antigo", da colección Puertas Mosquera.

21.30 h.
CINEUROPA
Na Aula Sociocultural de Caixa Galicia (Carreira do Conde, s/n) presentación do documental Queda alguén aí? Logo da proxección haberá un coloquio no que participará o director do documental, Rafael Cid, e un subdirector da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), dependente da Consellería de Medio Rural. A entrada é libre.

22.45 h.
CINEUROPA
Na Aula Sociocultural de Caixa Galicia (Carreira do Conde, s/n), proxección do documental O Novo Emden. Antes da proxección, o director e produtor do documental, Marcos Gallego, fará unha presentación do mesmo.

Compartir: