Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 23 de novembro

11.00 h.
No Centro Sociocultural de Fontiñas, entrega de premios da VII edición do concurso "Educando na Convivencia en Igualdade", dentro dos actos organizados pola Concellaría de Benestar Social e Muller con motivo do Día Internacional da Non Violencia contra as Mulleres.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h.
No Servizo Municipal de Deportes en San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar as Campañas Deportivas de Promoción Municipal para a temporada 2007/2008.

12.30 h.
Na sede de Castrosúa (Lugar de Boisaca-Estrada da Coruña, km. 59,5), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de sensibilización contra a violencia de xénero, que se enmarca dentro dos actos organizados pola Concellaría de Benestar Social e Muller con motivo do Día Internacional da Non Violencia contra as Mulleres.

16.30 h.
Na Casa da Concha (rúa da Conga, 1), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao Consello Social da USC.

18.00 h.
Na sede do Colexio de Avogados de Santiago (rúa Eduardo Pondal, 4, baixo), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de Xura de letrados, no que intervirá o xuíz Baltasar Garzón.

20.00 h.
No Polígono do Tambre (vía la Cierva, 7-9), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura as novas instalacións da empresa Inturasa, Pérez Rumbao, S.A.

20.45 h.
No Hotel Puerta del Camino, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á cea da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre, na que se homenaxeará ás empresas que cumpren 25 anos de integración na devandita entidade.

Compartir: