Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 1 de xullo

Viaxe a Santiago do Caçem. Proxecto Santiago-Une
9.00 h
En Santiago do Caçem, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a Praza Santiago de Compostela, acompañdo polo presidente da Cámara Municipal de Santiago do Caçem, Vítor Manuel Chaves Caro Proença.
9.30 h
Ambos mandatarios inauguran a exposición "Santiago une Europa". A continuación, celebración das sesións de traballo e debate sobre "Centros Históricos e Camiño de Santiago" e "Miróbriga e Patrimonio Arqueolóxico".

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, do director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, para presentar o programa "Voluntariado Xove Verán 2010".

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Transportes e Mobilidade, Carlos Nieves, sobre asuntos da súa área.

19.00 h.
Na Casa do Concello, recepción aos participantes no Congreso de Peritos e Tasadores.

Vive o Verán
10.00h. No Parque de Bonaval, Tai Chi e Chi Kung (Se chove, a actividade será no CSC das Fontiñas)
10.00h. No Parque da Alameda, Ximnasia Terapéutica (Se chove, a actividade será no CSC do Ensanche)
11.00h. Roteiro polo Monte Pedroso: Granxa do Xesto e Selva Negra con saída desde a Cafetería da Granxa do Xesto. (Necesaria inscrición previa)
20.00h. No parque da Alameda, Tai Chi e Chi Kung (Se chove, a actividade será no CSC do Ensanche)

Compartir: