Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 3 de xullo

11.30 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita o Mercado Medieval, que se celebra do 3 ao 6 de xullo nas rúas e prazas do Casco Histórico. Punto de encontro: praza da Inmaculada.

11.30 h.
Na Casa do Concello, o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, asina catro convenios de colaboración con catro grupos de comunicación para o desenvolvemento do Programa de acceso á publicidade para empresas e comercios de Santiago. Asinarán o convenio o Grupo Correo Gallego, Santiagosiete, o Grupo Atresadavertising e Made in Santiago.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h.
En San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar o Campionato Galego Infantil de Verán de Natación, que se celebrará esta fin de semana na Piscina de Santa Isabel.

13.00 h.
Na Igrexa da Universidade, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da exposición Miradas Emerxentes.

19.00 h.
Na rúa do Vilar, concerto da Banda de Música Municipal, dirixida por Casiano Mouriño Maquieira. Programa:
Escenas del amor---------------Pasodobre-----------------------M.Conde
Ross Roy---------------------------Obertura -------------------- J. de Haan
Lakme ------------------------- Fantasía da Ópera-------------- L. Delibes
La del Soto del Parral (2ª parte)-- Fantasía --------R. Soutullo y Vert
Mujer Esteponera -------------- Pasodobre ------------------- M. Navarro

21.00 h.
No Teatro Principal, concerto de Abe Rábade.

22.30 h.
Curtocircuito na Rúa
Na Praza do Toural comeza Curtocircuíto na Rúa coa proxección de 8 das curtametraxes gañadoras da IV Edición de Curtocircuíto.

Compartir: