Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 2 de xaneiro

11.15 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Elvira Cienfuegos, e da subdirectora do Auditorio, Silvia Modia, para presentar a programación cultural do mes de xaneiro.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, para presentar a Cabalgata de Reis 2009.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita as obras de reurbanización da rúa Fonte do Ouro.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 12.45 h. da Praza do Obradoiro.

Nadal Cultural
18.30 h. No CSC das Fontiñas, Obradoiro de Xoguetes artesanais.
20.00 h. No CSC das Fontiñas, proxección da curtametraxe Binta e a grande idea de Javier Fesser.

Compartir: