Previsións informativas para o venres 20 de novembro
9.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside a comisión executiva da devandita entidade.
9.30 h
O concelleiro de Educación, Rubén Prol, participa, telematicamente, na mesa inaugural da xornada educativa de Maker Faire Galicia.
11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, formalizan a concesión dunha parcela por parte do Concello á Confederación Galega de persoas con discapacidade.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, sobre os obradoiros de igualdade realizados no rural. Na rolda tamén estará a coordinadora dos mesmos, Cruz Dafonte, e un dos participantes.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
34ª edición de Cineuropa
En varios espazos da cidade. Consultar programación en cineuropa.gal