Previsións informativas para o venres 11 de marzo
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.
12.30 h
Na Cidade da Cultura, a concelleira Noa Morales asiste á inauguración da exposición Con Fío.
13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o músico compostelán Nico Casal, autor da banda sonora da curtametraxe "Stutterer", gañadora dun Oscar na última edición.
18.00 h
No Pazo de Fonseca, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste ao acto con motivo do Día Mundial do Traballo Social.
19.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde da cidade, Martiño Noriega, preside a entrega do 9º Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas e inaugura a mostra con todos os traballos preseleccionados. Tamén participan no acto a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; os membros do xurado así como os artistas seleccionados e premiados.
20.00 h
No Hotel NH Obradoiro, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, inaugura Cuarto Público. Ás 22.00 h entrega o premio Cuarto Público Concello de Santiago
20.30 h
No Teatro Principal, Producións Excéntricas presenta ‘Os amores de Jacques o Fatalista’. Con Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, María Costas e Piti Sanz, dirixidos por Quico Cadaval.