Previsións informativas para o xoves 10 de marzo
11.00 h
En Boisaca, percorrido polo cemiterio para coñecer o patrimonio funerario compostelán dentro do programa "Vivir en Santiago". Neste caso os participantes serán os estudantes do IV ciclo da USC, en virtude do convenio asinado entre o Concello e a Universidade.
11.00 h
Na rúa Castiñeiros, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, visitan o albergue Xoán XXIII.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Desenvolvemento Económico e Turismo e de Acción Cultural, Marta Lois e Branca Novoneyra, para presentar a programación municipal para a Semana Santa.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, para presentar o Plan de Control Tributario.
13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o poeta arxentino Carlos Penelas.
13.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co deán da Catedral, Segundo Pérez.
19.00 h
No local social da Pontepedriña, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, reúnense coa asociación de veciños de Pontepedriña.
20.30 h
No Teatro Principal, Producións Excéntricas presenta ‘Os amores de Jacques o Fatalista’. Con Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, María Costas e Piti Sanz, dirixidos por Quico Cadaval.
21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia dirixida por James Feddeck. Interpretan obras de J. Sibelius, J. Haydn e D. Shostakovich.