Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 24 de novembro

11.30 h
No CEIP de Roxos, o concelleiro de Educación, Ángel Currás, e o responsable de institucións de La Caixa, Santiago Picallo, inauguraran as actividades da Cibercaixa para os vindeiros meses.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar a Campaña de Minibásquet Memorial Lorenzo de la Torre. Estará acompañado polo presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín. A continuación, o concelleiro dará detalles sobre a instalación da pista de xeo do Nadal.

12.45 h
No Hotel San Francisco, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á inauguración do Congreso da Asociación Especializada de Vacunología.

13.00 h
Na explanada do mercado de Salgueiriños, a concelleira de Benestar Social e Muller, Paula Prado, participa no reparto de lazos solidario realizado polo Equipo de Dinamización Social do Urbana Santiago Norte con motivo da celebración do Día Mundial contra a Violencia de Xénero.

14.15 h
No Polígono de Sabón, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao acto de entrega dos Premios Fernández Latorre.

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. Aprobación definitiva da modificación puntual do plan parcial de ordenación do solo urbanizable programado núm. 5 (SUP-5) no ámbito de dotación EU-7. Choupana.
3. Desestimación de recursos de reposición contra acordos plenarios, en materia de incompatibilidades.
4. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á creación da comisión municipal de absentismo escolar.
5. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa a non celebración de vodas os sábados polo serán, domingos e festivos.
6. Proposición do grupo municipal do BNG relativa á conexión do Parque de Belvís coa Porta do Camiño mediante o derrubo do edificio que alberga a Casa da Xuventude.
7. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á paralización de obras na Cidade da Cultura.
8. Solicitude de comparencia do grupo municipal do BNG, da concelleira delegada de mercados, Dna. Reyes Leis.
9. Dar conta da designación de representantes do grupo municipal do PSdeG-PSOE nos Consellos municipais.
10. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
11. Rogos e preguntas.
12. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

18.00 h
Na Fundación Novacaixagalicia CSM (Rúa do Vilar), presentación e encontro co público tras a proxección de Outro máis, de Ricardo Llovo.

18.00 h
No Local Sociocultural da A Peregrina, obradoiro Montamos o Belén, no marco do programa Vive o Nadal.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Manuel Hernández Silva con Johannes Moser, violoncello.
Toda a programación de Cineuropa en http://cineuropa.compostelacultura.org

Compartir: