Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións infomativas do venres 28 de outubro

10.45 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe as integrantes da selección española de natación sincronizada, xunto co concelleiro de Deportes, Adrián Varela.

11.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, a concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, presenta a Galicia Fashion Week, acompañada do director da Galicia Fashion Week, Jose Matteos, o director do Hostal dos Reis Católicos, Julio Castro, a responsable de Programas de Internacionalización do IGAPE, Manuel Campos, e a directora da Mostra do Encaixe de Camariñas, Dolores Lema.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Salón Verde, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asina un convenio co director da Academia Galega de Seguridade Pública, José Carlos García Bouzas, para a formación dos bombeiros municipais. SÓ GRÁFICOS.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Familia, Benestar Social e Muller, Paula Prado, para presentar o Plan de Actividades de Ocio Alternativo.

16.30 h
No Salón Nobre, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o presidente de Caminos de Europa, Alessandro Cardinale, presentan a Vía Verde "Caminos de Europa". Asiste o concelleiro de Cultura, Ángel Currás.

20.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á III Noite da Enxeñería en Informática de Galicia, que preside o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

Compartir: