Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 26 de outubro

10.00 h
En San Martiño Pinario, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á inauguración do Congreso Nacional da Construción.

10.50 h
No IES de Sar, o gañador da IV edición do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, Martin Barreto, terá unha sesión de traballo cos alumnos/as do bacharelato artístico do devandito instituto, de maneira que entre as 10.50 e as 12.30 horas, 98 alumnos/as desa especialidade e profesores dese centro terán a oportunidade de coñecer o artista premiado e as técnicas que utiliza nos seus traballos.

11.00 h
Na Cámara de Comercio, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, participa no ciclo de xornadas aeroportuarias organizadas pola Cámara xunto co presidente de AENA, Juan Lema Devesa.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
No Paraninfo da Universidade, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á inauguración do XIX Congreso da Asociación Profesional da Maxistratura baixo o lema "Unha xustiza de calidade".

18.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, fai entrega dos galardóns da IV Edición do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, organizado pola Concellería de Educación e a Editorial Kalandraka.

20.00 h
Na sede do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (praza da Quintana), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, participa nunha charla sobre o proxecto do AVE.

Compartir: