Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 6 de setembro

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, para presentar o programa "Máis Curtocircuito". Na rolda tamén estará o director do festival, Tim Redford.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Transportes e Mobilidade, Carlos Nieves, para presentar os horarios de inverno do transporte urbano.

16.00 h a 18.00 h
No Mercado de Amio, o artista Pancho Lapeña realizará unha intervención artística dentro do Mercado Atlántico de Creación Contemporánea (Macc) 2010, que se celebrará en Compostela os días 10, 11 e 12 de setembro e que patrocina a Concellaría de Promoción Económica e Turismo. O grafiteiro afincado en Santiago, que ten participado en múltipes encontros e mostras artísticas urbanas, distribuirá 400 bolsas de tela no chan do mercado e realizará sobre elas un graffiti de grandes dimensións. Cada unha desas bolsas será despois entregada aos asistentes ao MACC, que levarán así un pedazo dunha peza artística orixinal.

19.30 h
No CSC 'Aurelio Aguirre", inauguración da XXV Semana Cultural de Conxo.

Compartir: