Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 8 de xullo

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Albino Vázquez Aldrey.

17.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Comisión asesora do Casco Histórico.

19.00 h
Na Praza de Abastos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de entrega dos premios SANTIAGO (e)TAPAS. Asiste o concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Iglesias.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, a concelleira de Cultura, Socorro García Conde e o fotógrafo Manuel Outumuro inauguran a exposición Outumuro Looks. 20 anos fotografando moda 1990-2010. Na inauguración tamén estará a comisaria da mostra Rocío San Claudio Santa Cruz.

VIVE O VERÁN
10.00h. Saída ao Parque Acuático de Cerceda. Volta ás 20.30h
10.00h. No Parque de Bonaval, Tai Chi e Chi Kung 10.00h. No Parque da Alameda, Ximnasia Terapéutica 11.00h. Con saída da Estación de Tren de Verdía, Roteiro pola Vía Verde de Verdía. Ríos Tambre e Sionlla. 18.00h. No parque de Carlomagno (ao inicio da escalinata na Rúa Roma), Geocaching, Iniciación á procura de tesouros.
20.00h. No Parque da Alameda, xunto á capela de Santa Susana, Tai Chi e Chi Kung. 22.30h. Na Praza de San Martiño Pinario, Cine: Os Clásicos á Rúa, coa proxección de O maquinista da Xeneral (Clyde Bruckman e Buster Keaton, 1926)

Compartir: