Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 23 de xullo

11.00 h
No Centro de Estudos Avanzados (Parque de Vista Alegre), ROLDA DE PRENSA do alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, para presentar o Sistema de Información Patrimonial (SIP) de Santiago de Compostela. Tamén participarán o xerente do Consorcio, Xosé Manuel Villanueva; o director do Centro Nacional de Información Geográfica (Ministerio de Fomento), Sebastián Mas Mayoral; a coordinadora do Proxecto SIP, Ana Hernández Caballero; e o director xeral do Instituto Geográfico Nacional e presidente do CNIG, Alberto Sereno Álvarez.

11.30 h
Na capela do Monte do Gozo, 70 alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º de Primaria que participan na Escola de Verán de Inglés inician o último tramo do Camiño.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de TUSSA.

19.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da exposición "Os portais", de Romero Britto.

20.00 h
No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á proxección do filme A vida nun edificio. Do Pazo de Bendaña á Fundación Granell, dirixido por Pablo Tomé Ferreiro.

FESTAS DO APÓSTOLO 2010
Venres 23
23.00 h. COMPOSTELA FESTIVAL: BEBE en concerto
Anticipada: 5 euros
En taquilla o mesmo día: 8 euros
Venda de billetes: www.caixagalicia.es. Taquilla telefónica: 902 434 443
Praza da Quintana

24.30 h. Música no Toural: Cuba-Son

Compartir: