Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 15 de xullo

11.00 h
No Centro Sociocultural de Vidán, a concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Elvira Cienfuegos, presenta a Guía do Parque de Brandía.

12.00 h
No Palco da Música do Paseo Central da Alameda, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de presentación da esposición "Espacio e desenvolvemento sostible", organizada pola Fundación AXA e Lunwerg Editores coa colaboración da Concellería de Educación. Asisten: Javier de Agustín, conselleiro delegado do Grupo AXA España; Jesús Infante, director xeral de Lunwerg; e Joaquín Araújo e Rafael Bachiller, autores e comisarios da exposición.

13.00 h
Na rúa da Troia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de reapertura do Museo Casa da Troia.

13.30 h
Na Casa do Concello, recepción aos estudantes brasileiros dos Cursos Internacionais da Universidade

14.00 h
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Mercagalicia, que terá lugar na sede desta entidade (Polígono do Tambre, Vía La Cierva s/n).

19.30 h
Na Rúa do Vilar, Concerto da Banda Municipal de Música dentro da Homenaxe que a Asociación de Escritores en Lingua Galega, coa colaboración de diversas entidades, lle fai a Rosalía de Castro. Programa: Cantigas e Agarimos (pd) de B. del Río; Negra Sombra (balada galega) de X. Montes; Airiños Aires (rapsodia galega) de G. Freire; Follas Novas (rapsodia galega) de L. Brage; e Pontevedra boa vila (muiñeira) de J. Lois Diéguez.

VIVE O VERÁN
10.00h. Saída ao Parque Acuático de Cerceda. Volta ás 20.30h
10.00h. No Parque de Bonaval, Tai Chi e Chi Kung 10.00h. No Parque da Alameda, Ximnasia Terapéutica 11.00h. Con saída da Ermida de Santa Lucía, Roteiro polo río Santa Lucía. 20.00h. No Parque da Alameda, Tai Chi e Chi Kung. 22.30h. Na Praza de San Martiño Pinario, Cine: Os Clásicos á Rúa, coa proxección de Almorzo con diamantes (Blake Edwards, 1961)

Compartir: