Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 9 de xuño

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular María Castelao, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, saúda aos integrantes da Comisión de Traballo de Transporte e Infraestruturas da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que se reúne en Raxoi no marco das IV Xornadas de Transporte e Mobilidade.

18.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe a secretaria de Estado de Transportes, Concepción Gutiérrez del Castillo.

19.00 h
No paseo central da Alameda, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado pola secretaria de Estado de Transportes, Concepción Gutiérrez del Castillo, inaugura a exposición de autocares antigos, no marco da IV Xornadas de Transporte e Mobilidade.

Compartir: