Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 5 de xuño

11.45 h
Na avenida de Barcelona, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de homenaxe á escritoria Marilar Aleixandre, no que se descubirará un monolito conmemorativo. Asiste a concelleira de Cultura, Socorro García Conde.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fai entrega do galardón Letra E á escritoria Marilar Aleixandre. Asiste a concelleira de Cultura, Socorro García Conde.

19.00 h
III Feira Medieval
En San Domingos de Bonaval, saída do Desfile de Coroación de Afonso Raimúndez, no que participa o concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro. Farán o seguinte percorrido: San Domingos de Bonaval, praza da Inmaculada, praza de Cervantes, praza do Toural e praza da Quintana, onde terá lugar ás 20.30 h o acto de coroación.

19.00 h
Na escaleira de mármore do Centro psiquiátrico de Conxo, concerto do Coro ACF dentro do programa No Campo de Fóra organizado pola rede de Centros Socioculturais e aCentral Folque.

20.00 h
Na Capela de Santa Lucía, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, pronuncia o pregón con motivo do XII aniversario do grupo Alborada Santa Lucía.

20.00 h
V Certame de Danza Intercentros
No Auditorio de Galicia, V Certame de Danza Intercentros, organizado pola Concellería de Educación e a Asociación Cultural Danza Stellae.

21.00 h
Revelando Voces
No CSCX do Ensanche, concerto de Liridade Noctámbula dentro do programa Revelando Voces.

21.00 h
Revelando Voces
No CSC de Vite, concerto de Mordecans, dentro do programa Revelando Voces.

12.00h.
Na Praza Roxa, Xogos na praza Roxa, organizados polo CSCX do Ensanche.
12.00h.
No LSC de Grixoa, Duende Sico: Castañas e Legañas dentro da programación de Letras Vivas.
12.30h.
No CSC das Fontiñas, Trécola: O vello que quería ver o tren dentro da programación de Letras Vivas.
19.00h.
No CSC das Fontiñas, Traballos Manuais dentro da programación da Aula de Xogo.

Compartir: