Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 25 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
En San Xerome, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á toma de posesión do novo reitor da USC, Juan Casares Long.

14.00 h
No restaurante Porta Faxeira (rúa do Franco, 50), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participa nunha ruta de tapas de SANTIAGO(é)TAPAS, xunto co concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Iglesias. O percorrido continuará no restaurante Calderón (Carreira do Conde, 8). A
hora estimada de remate é as 15.00 horas.

17.00 h
No Paraninfo da USC (Facultade de Xeografía e Historia), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, clausura a "Aula de Renovación Urbana".

18.30 h
No CSC da Trisca, teatro con As Marías: Sons desde a túa cidade ata Bremen, dentro do programa Letras Vivas.

19.00 h
Na Praza do Toural, a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, asiste aos concertos que se celebran con motivo do Día Europeo da Música.

19.00 h
No CSC da Gracia, Contacontos Infantil dentro do programa Santiago Encantado.

19.00 h
No CSC Agustín Bueno do Castiñeiriño, Babaluve Teatro presenta Lume, dentro do programa Santiago Encantado.

21.00 h
No Teatro Principal, Gala Final Revelando Voces con Jamila Purofilin e Liridade Noctámbula

Entredanzas 2010
18.00 e 20.00h. Na Zona "C", Käfig: Terreo baldío.
19.00 e 21.00h. No Cemiterio de Bonaval, Estela LLoves: Ábreme o tempo, respírame curva.

Compartir: