Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 22 de xuño

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, para presentar as "Xornadas de Institutos Históricos: cultura, educación e patrimonio". Na rolda tamén estará o director do IES Xelmírez I, Xosé Mejuto.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Javier Sánchez-Agustino, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Seguridade Cidadá e Circulación Viaria, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos da súa área.

16.30 h
No Hotel Puerta del Camino, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración do IX Encontro Nacional da Asociación Española de la Carretera.

17.00 h
No Pazo de Raxoi, saída da visita Balcóns de Compostela, dentro do Programa de actividades ao aire libre, Vive o Verán.

19.00 h
Nas terrazas do parque de Belvís, I Mercado de Verán Entre Lusco e Fusco. Pregón a cargo de Mini e Mero e, a continuación, mercado de troco, contacontos, musica e baile tradicional coa Escola de Brincadeira e a Asociación Veciñal A Xuntanza, Obradoiro de Produtos de Tempara, e actuacións do Coro da Ra e Caixa de Tambora.

21.00 h
Na Casa das Asociacións, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á Festa do Solsticio de Verán e inaugura, xunto co presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, a exposición "A indumentaria tradicional galga. O traxe de Muros". Organizado pola Concellería de Participación Cidadá.

Actos con motivo do Día Europeo da Música
18,00 h Veladas no Casino
Conto musicado- Escola Municipal de Música
Casino de Santiago
Actuación Musical do Conservatorio Histórico
Praza Salvador Parga
20,00 h Veladas no Casino
Música de Cámara e obradoiro literario- Escola de Música Berenguela

Compartir: