Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 2 de xuño

10.30 h
No CSCX do Ensanche, Monográfico Uso da cámara fotográfica dixital, dentro da programación da Aula de Informática.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, Cecilia Sierra, sobre asuntos de carácter local.

11.40 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o Startup Weekend Galicia, xunto a dous dos organizadores, María Encinar e Iago Soto. Trátase dun evento de 3 días, de carácter emprendedor, no que colabora Promoción Económica, que se basea no networking e o traballo en equipo, e que reúne a xente con talentos diversos para seleccionar unha idea, desenvolver un produto e lanzar unha empresa desde cero. Celebrarase do 4 ao 6 de xuño na sede do ITE Caixa Galicia de Santiago de Compostela.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, para presentar o V Certame Municipal de Danza Intercentros.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, para presentar a programación cultural do mes de xuño.

13.00 h
Na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da III Bienal Literaria Internacional.

17.00 h
No CSC das Fontiñas, Xogos e Contos para nenos e nenas menores de 5 anos dentro da programación da Aula de Xogo.

Compartir: