Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 17 de xuño

11.00 h
No Centro de formación ocupacional de Sanxuás de Aríns, o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, asiste á apertura dos cursos de Formación para o emprego 2010.

11.30 h
No CEIP Raíña Fabiola, a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, asiste á presentación da mascota oficial do Xacobeo 2010, "Xubi", adoptada pola Fundación Ad Sanctum Iacobum Peregrinatio. No acto tamén estará o creador da mascota, Alberte Permuy, de Permuy Asociados e Uxío Leira, director do centro.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Ángel Espadas, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos da súa área.

19.30 h
Na Rúa do Vilar, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

Compartir: