Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 14 de xuño

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e do director da Banda Municipal de Música, Xosé Carlos Seráns, para presentar Música na Rúa, o programa da Banda para os meses de xuño, xullo e setembro.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar social, Mar Martín, para presentar o XIII Congreso Nacional sobre a SIDA, organizado pola Sociedade Española Interdisciplinaria da SIDA (SEISIDA), que se celebra en Santiago os días 16, 17 e 18 de xuño. Estará acompañada polo presidente do Congreso, Antonio Antela, e polo coordinador do Plan Galego da Sida, José Antonio Taboada.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o programa da xornada técnica Eficiencia enerxética. A aposta europea pola eficiecia enerxética, a competitividade e o emprego. Na presentación estarán presentes Javier Loz, delegado en Galicia de EQA (Europen Quality Assuranse) e Andrés Pilas, resposable de AMBICAL, dúas das entidades que colaboran na xornada.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, María Castelao, sobre asuntos de carácter local.

Compartir: