Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 9 de abril

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, para presentar o III Festival Conéctate. Tamén estará Carmen Guillín, presidenta da Asociación Parkinson Compostela.

12.30 h
Na Biblioteca Ánxel Casal, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á presentación dos produtos editoriais do Ministerio de Defensa "Camiño de Santiago: relacións xeográficas, históricas e artísticas" e "Itinerario aerofotográfico do Camiño de Santiago".

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

18.00 h
No CSC das Fontiñas, Xogos con pelotas. Campionato anual de xogos de sempre .

Compartir: