Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 8 de abril

11.00 h
No Colexio San Xerome, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á xuntanza do Padroado do Museo da Casa da Troia.

11.15 h
No Pazo da Musas (Rua Nova 8-10), o concelleiro de Promoción Economica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, entrega unha distinción acreditativa ás empresas gañadoras do Concurso de novas ideas empresariais Compostela Activa 2009: Abastos 2.0, Cultureka, Itíneris Consulting, NIX VXF Factory e O pazo das musas.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Transportes e Mobilidade, Carlos Nieves, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
No Auditorio de Galicia, ensaio aberto da Banda Municipal de Música. X. C. Seráns, director.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a colaboración de Turismo de Santiago coa película O Apóstolo, así como un xogo da película, feito en colaboración coa Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Valencia. Na rolda tamén estará a produtora executiva da película, Isabel Rey, e a presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Valencia, Mari Ángeles Fernández.

13.00 h
No Hotel Virxe da Cerca, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, para dar conta da constitución do Comité Directivo do Proxecto Parques Urbanos Atlánticos-ParkAtlantic. Estará acompañada por representantes dos parceiros deste proxecto: a Mairie d’ Angers (Francia); Mid-West Regional Authority (MWRA areas of Counties Clare, Limerick & North Tipperary and Limerick City) (Irlanda); Communauté d'agglomération Pau-Pyrénées (Francia) e a Câmara Municipal de Porto (Portugal).

18.30 h
Roteiro polos parques de Compostela. Ás 19.00 h, a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, acompañada polos demais participantes nas xornada Proxecto Parques Urbanos Atlánticos-ParkAtlantic visitará o Parque de Bonaval. Punto de encontro: CGAC. (SÓ GRÁFICOS)

19.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa asociación de veciños de Figueiras.

21.00 h
No Teatro Principal, Tangatutanga Teatro Aberto por folga. Cabaret laboral .

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia. Paul Daniel, director; Elena Zhidkova, mezzosoprano; Robert Dean Smith, tenor

Compartir: