Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 29 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o Nobel de Física en 2007, Albert Fert, que asinará no Libro de Honra da cidade. O fisico atópase en Santiago para participar no programa ConCiencia, organizado polo Consorcio e a USC.

11.00 h
No Departamento de Deportes no Estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, para presentar o XXIX CAMPIONATO DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE PESCA DE SALMÓNIDOS LANCE, CATEGORÍA ABSOLUTA. O concelleiro estará acompañado por: Pedro Romaris Pereira, presidente da Federación Galega de Pesca; Félix Rodil Álvarez, delegado na Coruña da Federación Galega de Pesca; Manuel López, presidente do Comité de Salmónidos da Federación Galega de Pesca; Lucía Rodil López, directora da revista No Río e no Mar; Ramón Fandiño Salgado, presidente da Sociedade de caza e pesca A Venatoria; e Manuel Mirás Franqueira, alcalde de Oroso.

11.30 h
No Departamento de Deportes no Estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, para presentar o CAMPIONATO DE ESPAÑA 3ª DIVISIÓN MASCULINA WATERPOLO. O concelleiro estará acompañado por: Carlos Touriño, presidente da Federación Galega de Natación, e Emilio Leis Casanova, presidente do Club Waterpolo Santiago.

12.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe unha delegación da comisión de Cultura e Educación do Parlamento Europeo, encabezada polo vicepresidente da comisión, Morten Lokkegaard. (SÓ GRÁFICOS). Ás 12.30 h, manterán un encontro cos medios de comunicación.

12.10 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Transportes e Mobilidade, Carlos Nieves, sobre asuntos da súa área.

13.00 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, para presentar o programa das Festas da Ascensión.

14,15 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a delegación da comisión de Cultura e Educación do Parlamento Europeo trasladaranse ata o parque de San Lázaro, onde se descubrirá unha placa conmemorativa da visita. Desde alí, os parlamentarios farán a pé o último tramo urbano do Camiño de Santiago, chegando á Praza do Obradoiro sobre as 15,30h.

18.00 h
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción á Asociación "Venatoria".

18.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. Aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica (PE-1) no ámbito da unidade edificatoria 410207 (Xelmírez, núm. 18).
3. Ampliación de usos na reserva de equipamento docente do SUNP-17, Paxonal.
4. Comparecencia, a petición propia, da concelleira delegada de urbanismo e vivenda, co obxecto de informar sobre a xestión urbanística ao longo do ano 2009 ata a data da celebración desta sesión plenaria.
5. Proposición do grupo municipal do Partido Popular relativa a que se habiliten espazos públicos para mascotas.
6. Proposición do grupo municipal do Partigo Popular para instar ao goberno de España a cumprir co seu compromiso de apoio e financiación da Cidade da Cultura.
7. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa a que se eleve ao Goberno de Galicia o mantemento dos graos dos estudios actualmente existentes na USC de Compostela.
8. Dar conta da liquidación do orzamento ordinario correspondente ao exercicio de 2009.
9. Dar conta de sentenzas e persoamentos en recursos contenciosos administrativos.
10. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
11. Rogos e preguntas.
12. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni Ros Marbá. Colleen Lee, piano.
21.00 h
SCQ Danza
No Teatro Principal, Bstudiodanza presenta Sono Silente dirixido por Dolores Mayán, dentro do programa SCQ Danza. Con Emilia Pardo, Natalia Iglesias, Vanesa Otero e Celia Mayer.

Compartir: