Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 12 de abril

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, para presentar o Certame de Teatro Intercentros de Santiago.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, para presentar o proxecto do parque cuberto de Galeras.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, para presentar o Programa de Educación Familiar.

20.30 h
No Paraninfo da USC, Formacións de Cámara da Real Filharmonía de Galicia. .

Santiago Une. Córdoba
9.30 h
Na Universidade de Córdoba, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co reitor, José Manuel Roldán Nogueras.
11.00 h
No Concello de Córdoba, acto de firma da declaración de cooperación entre ambos municipios e a continuación acto de adhesión do Concello de Santiago á cidade de Córdoba como candidata á Cidade Europea da Cultura en 2016. Estarán presididos polos alcaldes de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e de Córdoba, Andrés Ocaña Rabadán. A continuación, ROLDA DE PRENSA. 19.45 h
Na Galería Patio Mudéjar, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a exposición "Santiago une a Europa".

Compartir: