Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 18 de marzo

11.00 h
Na sede do Consorcio (rúa do Vilar, 59), ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, para presentar a recuperación da carraca da Catedral. Na rolda tamén participarán o xerente do Consorcio, Xosé Manuel Villanueva; o xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos; e o deán, presidente do Cabildo da Catedral, José María Díaz. A continuación, realizarase unha visita á Torre da Carraca.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, para presentar os programas de conciliación para as familias no Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e de Luis Soto, para presentar o Taller Atlántico Contemporáneo - Acción fuxidía para 111 ciclistas, que terá lugar o domingo 21 de marzo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Auditorio de Galicia, Ensaio Aberto da Banda Municipal de Música, dirixida por Xosé Carlos Seráns.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, para presentar o programa SCQ Danza.

17.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Comisión Asesora do Casco Histórico.

18:00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a reunión do Consello Económico e Social. Punto único: dar conta do acordo de cooperación universitaria na docencia do Grao de Medicina.

20.00 h
Na Casa das Asociacións (antiga estación de Cornes), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a exposición "As Misións Pedagóxicas 1931-1936" e preside a homenaxe veciñal a Isaac Díaz Pardo. Ás 21.30 h, cea no restaurante A Costela de Román (rúa San Pedro de Mezonzo, 26 baixo).

21.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto de Abono da Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixida por Víctor Pablo Pérez. Guidon Kremer, violín; Pilar Vázquez, mezzosoprano; Roger Padulés, tenor e o Coro da OSG.

Compartir: