Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 12 de marzo

10.00 h
No Arzobispado, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á reunión do Padroado da Fundación San Castor e Santa Adelaida.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na sede da Fundación Compostela Deporte (Estadio de San Lázaro, porta 16), ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, para presentar o I Torneo Internacional Cidade de Santiago de Fútbol Base. Na rolda tamén estará o delegado da Federación Galega de Fútbol, Enrique Fernández Otero.

19.30 h
NO CSCX do Ensanche, Monográfico: Escribir Teatro.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto do pianista Alexander Ghindin dentro do ciclo de piano Ángel Brage.
21.00 h
No Teatro Principal, concerto de Aló Django.

Compartir: