Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 15 de xaneiro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e de Emilio Lois, integrante de Ultreia, parapara falar do último disco da agrupación, Ultreia!!!, que se presenta este sábado, ás 21.00 h, no Teatro Principal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Tussa.

13.30 h
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local (Enviarase resumo dos acordos adoptados).

20.00 h
No Teatro Principal, proxección de El verdugo, de Luis García Berlanga, dentro do Ciclo de Cinema Rafael Azcona que organiza a Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España.

Compartir: