Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 12 de xaneiro

11.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de sinatura do protocolo de aceptación do III Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana. Asisten o intentedente de Montevideo, Ricardo Ehrlich; a subdirectora xeral de Cooperación Exterior (Xunta de Galicia), Pilar Romero; e o xerente do Consorcio de Santiago, Xosé Manuel Villanueva.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

20.00 h
No Teatro Principal, proxección de La gran comilona, de Marco Ferreri, dentro do Ciclo de Cinema Rafael Azcona que organiza a Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España.

Compartir: