Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 25 de setembro

10.00 h
Na Sala Circular do Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de nova constitución da Comisión especial do Aeroporto de Lavacolla. Ao remate, sobre as 11.00 h, comparecerá ante os medios de comunicación.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e Xesús Ron, da Sala Nasa, para presentar o 2º Obradoiro do Espectador.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a IV Xornada Emprende en Compostela. Estará acompañado de representantes de distintas entidades que colaboran no encontro.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Comisión Executiva da devandita entidade.

18.30 h
No CSC das Fontiñas, Xogos con lapis e papel, moreas de xogos empregando só un lapis e un papel, enmarcado na Aula de Xogo.

20.00 h
Na Zona "C" de Bonaval, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, inaugura a exposición CINEMA IN/OUT enmarcada dentro do VI Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuito. Na inauguración estarán tamén Tim Redford, director do Festival; Paulo Rodríguez, director-xerente do Auditorio de Galicia; Teresa Isasi, fotógrafa de foto fixa de Ágora; Emilio Pereda e Paola Ardizzioni, fotógrafos de foto fixa de Manolete e Los abrazos rotos; e Claudio de Casas, fotógrafo de foto fixa de Días de fútbol.

21.00 h
No Teatro Principal, a compañía Bicodobrelo presenta Matilde, baseado no texto Pedro y el Capitán de Mario Benedetti.

V Semana Cultural do CSC da Rocha
17.00h. Xogando e contando. O misterio das cinco portas. Imparte Marisa Irimia.
17.30h. Ximnasia para a saúde: Ioga.
18.30h. Aula de Informática: Xogos Abandonware.
20.00h. Conferencia O Itinerario Portugués a Compostela. Arte e Historia no Camiño. Imparte Sonia Rodríguez Míguez. Organiza AC Rocha Forte.

Compartir: