Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 24 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamentos, Rosa Fernández Somoza, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Alcaldía do Concello de Santiago, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina co presidente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Rafael Rodrigo Montero, o "convenio de colaboración para a obtención de terreos sobre os que se construirá o Centro de Ciencias do Patrimonio Cultural do CSIC". (SÓ GRÁFICOS).
A continuación, sobre as 12.10 h, na Sala de Prensa do Concello, comparecerán ante os medios de comunicación.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e de Isabel Rey, produtora executiva de O Apóstolo, para comentar a evolución do filme e anunciar a data da estrea así como os diferentes eventos que se farán con motivo de dita estrea.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar e Igualdade, Mar Martín, para presentar o Festival Folclórico Intercultural de Santiago de Compostela.

18.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de acta de sesión anterior.
2. Determinación de festivos locais para o ano 2010.
3. Proposta da Alcaldía de reaxuste global de accións e orzamento do proxecto urbana Santiago Norte e aprobación do texto do acordo sobre atribución de funcións co Ministerio de Economía e Facenda.
4. Proposta do Alcalde para integrarse na agrupación Europea de Cooperación Territorial "Agencia Eurorregional de Desarrollo del Eixo Atlántico".
5. Aprobación da Conta Xeral 2008.
6. Proposición do grupo municipal do BNG, relativa a instar á Xunta de Galicia a manter o modelo de colaboración para a captación de liñas de baixo custe e a promoción turística da cidade.
7. Dar conta de Resolucións da Alcaldía.
8. Dar conta de Resolucións da Alcaldía, das Concellarías Delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
9. Rogos e preguntas.
10. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

18.30 h
No CSC das Fontiñas, Xogos con lapis e papel, moreas de xogos empregando só un lapis e un papel, enmarcado na Aula de Xogo.

21.00 h
No Teatro Principal, Ainternacional Teatro presenta Frida Kahlo. Creación e dirección de Jorge Rey. Con Manuela Varela e Jorge Padilla.

V Semana Cultural do CSC da Rocha
17.00h. Cine Infantil con flocos de millo.
17.30h. Ximnasia para a saúde: Tai Chi. Demostración e mostra de elementos característicos.
18.30h. Aula de Informática: Xogos Abandonware.
20.00h. Obradoiro de pandeireta. Previa inscrición.

Compartir: