Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 22 de setembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o convenio de colaboración asinado coa Deputación da Coruña, para o desenvolvemento do Plan Estratéxico do Comercio Compostelán.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular Amelia González, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina un convenio de colaboración co director-xerente da Fundación Secretariado Xitano, Isidro Juan Rodríguez Hernández.

13.00 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

19.00 h
Na Praza Roxa, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participa nas actividades organizadas pola Concellería de Mobilidade e Transportes con motivo da celebración da Semana Europea da Mobilidade. Haberá unha xincana e un taller de enerxía, así como unha mesa de información e participación Combici. Ademais, durante toda o día o servizo de transporte urbano será gratuíto en todas as liñas. Tamén estarán os deportistas Óscar Pereiro, Iván Raña e David Blanco.

20.30 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Veciños de Villestro.

Compartir: