Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 16 de setembro

11.15 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita o Multiúsos Fontes do Sar para ver o novo equipamento deportivo.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 11.00 h da Praza do Obradoiro.

12.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe a Federico Mayor Zaragoza, presidente da Fundación Cultura de Paz, e a Manuel Dios, presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz.

12.15 h
No Estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, para presentar o 3º GP SANTIAGO DH de descenso en mtb. O concelleiro estará acompañado por Manuel Paz Noya, corredor federado e relacións externas do Club Ciclista Santiago DH, organizador da proba, e Kurro García, corredor e vogal do mencionado club.

12.30 h
No Estadio de San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, para presentar os XII XOGOS AUTONÓMICOS DE ATLETISMO SPECIAL OLYMPICS GALICIA. O concelleiro estará acompañado por Eladio Fernández, presidente de Special Olympics Galicia; Marcelo de la Cruz, presidente da Asociación Aspas; Javier García, xerente da Asociación Aspas; e Mariano García-Verdugo, director da Área de Deportes da USC.

12.30 h
Na Sala Circular do Auditorio de Galicia, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde; o xerente do Consorcio de Santiago, Xosé Manuel Villanueva; o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez; e o director técnico da Real Filharmonía de Galicia, Oriol Roch; para presentar a Temporada de Abono 2009-2010 do Auditorio de Galicia-Real Filharmonía de Galicia.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recolle a Medalla do Mérito Europeo á cidade de Santiago "na súa condición de Capital Espiritual de Europa", concedida pola Fundación do Mérito Europeo, presidida por Jacques Santer, que fai entrega da medalla.

18.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese con representantes da asociación Santiago Centro.

18.30 h
No CSC das Fontiñas, Cataxogos: Aprende a xogar connosco aos xogos de mesa, dentro da Aula de Xogo.

19.00 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa Federación de Asociacións de Veciños do Rural, FERUSA.

21.00 h
No Teatro Principal, Teatro D2 estrea Las verdades duelen, de Manu Lago, Teresa de la Hera, Diego Freire, Cristina Balboa e Fran Riveiro. Dirección de Manu Lago e Teresa de la Hera.

Compartir: