Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 28 de agosto

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao atleta compostelán Pedro Nimo, que vén de participar na maratón do Mundial de Atletismo en Berlín.

12.00 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta os novos tres taxis adaptados cos que contará a cidade. No acto tamén estarán o concelleiro de Mobilidade e Transportes, Carlos Nieves, e o presidente de Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI), Anxo Queiruga.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

Festival dos Abrazos
11.00 h
Na praza de Santo Agostiño, ALBORADA.
11.30 h
No parque de Vista Alegre, OBRADOIRO INFANTIL: Se eu fora... Elaboración de traxes fantásticos dos nosos personaxes favoritos.
13.00 h e 20.00 h
Na igrexa de Santa María do Camiño, ÓSCAR FERNÁNDEZ. Zanfona e experimentación ao vivo para non parar de choutar.
19.30 h
Na rúa de San Pedro, GUADI GALEGO, UXÍA, UGÍA PEDREIRA E PEDRO PASCUAL: Cantoras tabernarias. Tres voces de luxo para reproducir no ambiente máis apropiado o legado musical taberneiro.
20.30 h
No Teatro Principal, TEATRO DE MARIONETAS DO PORTO: Cabaret Molotov. Unha aproximación ao circo musical de monicreques da Europa dos anos 50.
21.30 h
No parque de Vista Alegre, ZEM. Unha exploración dos camiños do jazz experimental e o rock psicodélico.

Vive o Verán
22.30 h
Na finca de Vista Alegre, CINE AO AIRE LIBRE.

Compartir: