Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mécores 4 de febreiro

11.15 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, para presentar a programación do seu departamento para este mes de febreiro.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Comercio e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a III Feira do Comercio polo Miúdo Compostela Outlet.

12.00 h.
En Fontiñas (rúa Dublín, 3) o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita o novo edificio de Cogami de vivendas adaptadas para persoas con discapacidade, xunto co presidente da entidade, Anxo Queiruga.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación, que sairá ás 11.45 h. da Praza do Obradoiro.

19.30 h.
No CSC de Vite, proxección de Toda clase de peles, dentro do programa CINEMAS DIXITAIS
20.00 h.
Na Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, nº19), o catedrático de Pediatría da Universidade e xefe de Pediatría do CHUS, Rafael Tojo, e a doutora María Rosaura Leis, impartirán unha charla informativa sobre alimentación saudable e dieta atlántica, dentro do programa Thao Saúde Infantil, no que participa o Concello de Santiago.
O acto está destinado principalmente a educadores, pais, nais, monitores de comedores escolares, monitores de Tempo Libre, nutricionistas, dietistas, e todo aquel interesado na prevención e promoción de hábitos saudables de vida.

20.00 h.
No Museo do Pobo Galego, a concelleira de Cultura, Socorro Garcia Conde, inaugura a exposición de Fuco Reyes, Retratos de Auga. Na inauguración estará tamén o protagonista, Fuco Reyes.

Compartir: