Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 19 de decembro

10.00 a 13.00 h
Na Casa das Asociacións, obradoiro de autoestima e sensibilización fronte ao acoso escolar ou familiar, dentro das actividades organizadas pola Concellería de Participación Cidadá.

12.00 h
No Salón de Actos do Colexio Compañía de María, o aldalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fai entrega da Medalla da Cidade á devandita entidade.

12.00 h
Na Praza Roxa, Xogos variados organizados polo CSCX do Ensanche.

18.00 h
No CSCX do Ensanche, proxección do filme Sara dentro do programa Cinemas Dixitais.

18.00 h
No Recinto Feiral de Amio, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a pista de xeo. A continuación, no Multiusos Fontes do Sar, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura Nadalxogo 2009.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 17.45 h da Praza do Obradoiro e que se desprazará primeiro a Amio e a continuación a Sar.

21.00 h
No Teatro Principal, Teatro do Noroeste representa Glass City (Cidade de Cristal) de Eduardo Alonso. Con Xavier Estévez, Luma Gómez, Carlos Mosquera, "Mos", Monti Castiñeiras, Maxo Barjas, Xan Casas, Christian Escuredo, Ramón Orencio, Brandán Lourenzo, Fernando Tato, Fernando González, Brais Morán, Julia Méndez e Julia Sánchez.

Apalpando as Ilusións
12.00h. No CSCX do Ensanche, Obradoiro Agasallos co Apalpador.
12.00h. No CSC das Fontiñas, Títeres Cachirulo presenta A historia do Apalpador.
12.00h. No CSC das Fontiñas, Obradoiro Crea o teu Apalpacalendario 2010.
16.00h. No CSC do Castiñeiriño, Obradoiro Centros de Nadal, organizado pola Asociación de Mulleres Recandea.
17.00h. No CSC da Trisca, Obradoiro Doces do Mundo.
17.30h. No LSC de Bando, Obradoiro Agasallos co Apalpador.
18.00h. No CSC de Conxo, Títeres Cachirulo presenta A historia do Apalpador.
18.00h. No CSC de Conxo, Obradoiro Arte Floral.
18.00h. No LSC da Rocha, Obradoiro Interxeracional Cociña do Nadal.
18.00h. No CSC de Vite, Obradoiro Cociña Letona Infantil.
18.00h. No CSC das Fontiñas, Obradoiro Cociña do Nadal en tempos de crise.
18.30h. No LSC de Marrozos, Obradoiro Infantil Decorando o Nadal
18.30h. NO LSC de Lamascal, espectáculo de maxia con Xacobe Sanz: Se non o tes, non o cres.
19.00h. No CSC das Fontiñas, Obradoiro Agasallos co Apalpador.

Compartir: