Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 1 de decembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, Cecilia Sierra, sobre asuntos de carácter local.

11.45 h
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita, xunto co delegado do Goberno, Antón Louro, as obras que se están a levar a cabo no Ensanche Vello e na praza do Olvido, incluídas no Fondo Estatal de Investimento Local 2009. Punto de encontro: confluencia das rúas Curros Enríquez e Neira de Mosquera.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, para presentar a programación da Concellaría para o mes de decembro.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, para presentar o curso "UrbanLAB. Compostela como laboratorio urbano", que se celebrará na Factoría Compostela do 2 ao 4 de decembro. Na rolda tamén estarán Concha Fontenla, directora de Factoría Compostela e Adrián Hiebra, coordinador do curso.

18.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Tussa.

19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o presidente do Consello Evanxélico de Galicia, David Rego.

20.00 h
No Local Social da Asociación de Veciños Sandra Prego, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese cos membros da Asociación.

20.15 h
No CSC das Fontiñas, Obradoiro do Espectador coa Compañía Duelirium Aviadoras

CINEUROPA 16:00 h COLD SOULS. Sophie Barthes
17:45 h DDONGPARI Yang Ik-june
20:15 h WELCOME. Philippe Lioret
22:15 h LES BEAUX GOSSES. Riad Sattouf
23:45 h KYNODONTAS Yiorgos Lanthimos 16:00 h 35 RHUMS. Claire Denis
18:00 h THE SEPTEMBER ISSUE. R. J. Cutler
20:00 h SOUL KITCHEN. Fatih Akin
22:00 h FISH TANK. Andrea Arnold
00:15 h LA NANA. Sebastián Silva 23:00 h A RELIGIOSA PORTUGUESA. Eugène Green

Compartir: