Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 26 de novembro

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o novo embaixador de Venezuela en España, Isaías Rodríguez.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras do grupo municipal popular María Seoane e María Castelao, sobre asuntos de carácter local.

11.45 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o gobernador do Banco Nacional de Rumanía, Mugur Isarescu.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e de Claudia Brenlla para presentar a Sesión Especial desta directora dentro de Cineuropa. Na rolda estará tamén o director de Cineuropa, José Luis Losa.

12.30 h
No Salón Vermello, o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, entrega os diplomas ao alumnado que rematou os cursos realizados no segundo semestre do ano no marco do Plan Formativo 2009.

17.00 h
Na Residencia da Terceira Idade Volta do Castro, Concerto da Banda Municipal de Música dirixida por X. Carlos Seráns.

18.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de acta de sesión anterior.
2. Proposta da Alcaldía relativa á concesión de medalla de ouro da cidade ao mérito cidadá ao Colexio Compañía de María.
3. Toma de coñecemento da presentación do documento refundido da modificación do estudo de detalle do polígono 4 do Plan Parcial de Fontiñas.
4. Aprobación inicial da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal no ámbito do solo urbanizable delimitado número 7 (SUD-7). Vite de Arriba.
5. Aprobación definitiva do estudo de detalle para a construcción dun centro de supercomputación de Galicia na parcela I4A02 do SUND-40. Parque empresarial da Sionlla.
6. Correción de erro material en relación coa unidade edificatoria 411123 (Entrepexegos, núm. 12) do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica (PE-1).
7. Recurso de revisión contra o Plan Parcial do solo urbanizable programado número 2 (SUP-2). Cornes.
8. Aprobación definitiva do estudo de detalle na parcela H-1 do Plan de Sectorización do solo urbanizable non programado número 25 (SUNP-25). Roxos.
9. Cambio de finalidade de financiamento de créditos incorporados do exercicio anterior.
10. Expediente de modificación de crédito extraordinario e suplemento de crédito.
11. Proposición do grupo municipal Socialista, relativa a instar á Xunta de Galicia de retirada do anteproxecto da Lei de Augas de Galicia.
12. Proposición do grupo municipal do BNG, relativa a instar á Xunta de Galicia ao completo desenvolvemento da Lei 11/2007, para a prevención e o tratamento da violencia de xénero.
13.- Proposición do grupo municipal do PP de aprobación do Plan integral de apoio á infancia e á adolescencia no Concello de Santiago de Compostela.
14.- Proposición do grupo municipal do PP para a redacción dunha Ordenanza reguladora de festas e a constitución dunha comisión de festas.
15. Comparecencia do concelleiro D. Xosé Manuel Iglesias Iglesias.
16. Dar conta de Resolucións da Alcaldía, das Concellarías Delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
17. Dar conta de persoamentos en recursos contenciosos administrativos, e de autos e sentenzas.
18. Rogos e preguntas.
19. Ratificación da declaración institucional do Consello Económico e Social en defensa da Universidade de Santiago de Compostela.
20. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

19.00 h
No CSC do Castiñeiriño, a contacontos Charo Pita presenta Palabras ao Vento.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni Ros Marbá.
CINEUROPA 16:00 h LA PRÓXIMA ESTACIÓN Pino Solanas
18:00 h EXCURSIONES Ezequiel Acuña
20:15 h PETIT INDI Marc Recha
22:00 h PELICULA SORPRESA
00:30 h COLD SOULS Sophie Barthes
18:00 h VIL ROMANCE José Campusano
20:00 h SESIÓN ESPECIAL Claudia Brenlla:
BATA POR FORA (MULLER POR DENTRO)
O CLUB DOS SEN TEITO
22:00 h ROIS ET REINE. Arnaud Desplechin

Compartir: