Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 6 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, para presentar o programa Compostela Medieval.

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe a James Lovelock, líder do movemento ecoloxista e Premio Fonseca 2009.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e do director de Curtocircuito, Tim Redford, para presentar a Semana Oficial do VI Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuito.

12.00 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.30 h
Na Finca de Vista Alegre, ROLDA DE PRENSA e colocación da primeira pedra da nova sede do Museo de Historia Natural "Luís Iglesias". (A rolda terá lugar no interior da Casa de Europa). Asistentes:
Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde e presidente do Consorcio de Santiago.
Senén Barro Ameneiro, reitor da Universidade de Santiago.
Xosé Manuel Villanueva Prieto, xerente do Consorcio de Santiago.
César Portela Fernández-Jardón, arquitecto e autor do proxecto.
María Isabel Fraga Vila, directora do Museo de Historia Natural Luis Iglesias.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega do Premio Fonseca 2009 a James Lovelock.

Galicreques 2009
11.00h. No Teatro Principal, La rana sabia (Ecuador) presenta Los hijos del viento.
20.00h. No Teatro Principal, El espejo negro (Andalucía) presenta La vida de un piojo llamado Matías.
Nota: Pódese consultar a programación completa en www.galicreques.com

Compartir: