Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 2 de novembro

10.30 h
No Teatro Principal, concerto didáctico "O mundo de Mozart", para alumnos de 2º ciclo de educación primaria. Este concerto organizado polo Departamento de Educación enmárcase no programa de actuacións de teatro e música para escolares de centros de ensino do Concello de Santiago de Compostela e forma parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, para presentar a programación cultural do mes de novembro.

16.00 a 20.00 h
No Paraninfo da USC (Facultade de Xeografía e Historia), a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, preside a Xornada sobre prevención e control do absentismo escolar, organizada pola Unidade de Atención ás Familias (UAF) da Concellería de Benestar Social e Igualdade.

18.30 h
Na Casa de Europa (Parque da Finca de Vista Alegre), fallo do PREMIO SANTIAGO DE COMPOSTELA DE COOPERACIÓN URBANA na súa terceira edición, creado e organizado polo Consorcio de Santiago coa colaboración da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID) do Ministerio de Asuntos Exteriores e a Dirección Xeral de Relacións Externas e coa Unión Europea da Xunta de Galicia. Asistentes:
Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde e presidente do Consorcio de Santiago
Xosé Manuel Villanueva Prieto, xerente do Consorcio de Santiago
Xerardo Estévez Fernández, arquitecto e presidente do Xurado
Luis Suárez Carreño, representante da AECID

21.00 h
No Teatro Principal, Concerto de Cómplices .

Previsións informativas para o venres 30 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o presidente da Asociación de Hostalería de Galicia, Juan Silva.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, para presentar Cineuropa 2009. Na rolda estará tamén o director do Festival, José Luis Losa.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

18.30 h
No CSC da Trisca, Mario Tomás presenta Contos chegados doutro lugar.

19.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao XX Aniversario da Indicación Xeográfica Protexida "Ternera Gallega".

20.30 h
Na Casa das Asociacións, a concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, asiste ao acto de recoñecemento á Asociación Folclórica Cantigas e Agarimos polo seu 88 aniversario.

Amal no Teatro Principal
20.00h. Inshallah Beijing! de Luca Cussani e Francesco Cannito.
22.00h. Un mozo para Yasmina de Irene Cardona.

Compartir: