Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 3 de outubro

11.00 a 14.00 e 17.00 a 20.00 h
Na Praza Roxa, MostraNatura do Ensanche, actividade organizada por Santiago Centro, a Sociedade Compostelá de Ornitoloxía e a Asociación Galega do Canario de Canto e na que colabora a Concellería de Mercados.

11.00 h
Compostela en Xaque
En dez prazas da Cidade Histórica, partidas de xadrez dentro de Compostela en Xaque. I Xornada de Xadrez. Desenvolvernase en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00h.

12.00 h
Compostela en Xaque
Na Praza da Quintana, dentro de Compostela en Xaque. I Xornada de Xadrez, haberá unha partida de Xadrez Vivente.

12.00 h (a partir)
No Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela esta primeira fin de semana de outubro terá lugar unha acampada. Nesta ocasión serán 15 os mozos e mozas participantes, que son alumnos/as pertencentes a un curso de monitor de tempo libre do Concello de Brión. As actividades que realizarán no centro serán roteiros polos arredores, na mesma aldea de Portela e ata o Castro de Marmancou, situado na parroquia de Figueiras, ademais dun curso de fotografía e diversos itinerarios medioambientais.

12.00 h
Na Praza Roxa, Xogos diversos, organizados polo CSCX do Ensanche.

13.00 h
No recinto feiral de Amio, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita Santiago Outlet.

Galicreques 2009
17.00 h
No Teatro Principal, Títeres del Bienteveo (Arxentina) presentan Birlibirloque Popurri Titiritesco.
18.30 h
No Local Sociocultural da Peregrina, A Internacional presenta Cucho, Coco e o dilema do seis.
20.00 h
No Teatro Principal, La rana sabia (Ecuador) presenta Los hijos del viento.
NOTA: Para ver a programación completa de Galicreques: www.galicreques.com

Compartir: