Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 21 de outubro

11.00 h
No Auditorio de Galicia, Concerto Didáctico da Real Filharmonía de Galicia: O castelo da Rocha Vella (de Santos Bartolomé). Dirixido por Maximino Zumalave e cos Monicreques de Kukas.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Ángel Espadas, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe o Cónsul de Uruguai, Gonzalo Koncke Pizzorno.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira, para presentar as obras que se realizarán na Calzada de Santo Antonio.

17.00 h
Na Praza Roxa, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita a carpa da Asociación Down Compostela.

20.00 h
No CSC da Trisca, Estíbaliz Espinosa Río dá un Recital Multimedia, dentro de Letras Vivas Animación.

21.00 h
No Teatro Principal, ´Teatro do Morcego presenta Kvetch, unha comedia americana sobre a ansiedade, dentro da Feira Galega das Artes Escénicas.

Compartir: